19/12/11

INFORMACIÓN

HORARIO PERMANENTE DE VISITAS

-DE LUNS A VENRES:
.DE 11:30 – 13 H.

-SÁBADOS, DOMINGOS E FESTIVOS:
.DE 11 – 12 H.

 OUTROS HORARIOS E VISITAS GUIADAS PREVIA CITA NO TELÉFONO 982435125 OU 
NA CASA DE CULTURA


Prezo entrada: 1 €

HORARIO ESPECIAL SEMANA SANTA 2018
-Xoves, 29 de marzo: de 11:30-13:30 h e de 17-20 h.
-Venres, 30 de marzo: de 11:30-13:30 h e de 17-20 h.
-Sábado, 31 de abril: de 11:30-13:30 h e de 17-20 h.
-Domingo, 1 de marzo: de 11:30-13:30 h e de 17-19 h.

http://www.concellodequiroga.com/
concello.quiroga@eidolocal.es
culturaquiroga2@gmail.com

Instalación adaptada a persoas con discapacidade

17/12/11

O CONTORNO XEOLÓXICO

Sinclinal da serra do Caurel (pregamento de Campodola e Leixazós)
A unidade xeográfica da serra do Caurel, pertencente na súa meirande parte aos concellos de Folgoso do Caurel e Quiroga, goza dende hai moitos anos dun notable prestixio pola súa biodiversidade, riqueza botánica e da fauna. Pero en raras ocasións se facía mención á excepcional e case única “xeodiversidade” malia a que agacha un auténtico mostrario xeolóxico composto por formacións, materiais e restos fósiles sorprendentes de hai millóns de anos.

Representación dos principais acontecementos que definen Galicia dende o punto de vista xeolóxico

16/12/11

SALA 1: A FORMACIÓN DO TERRITORIO DE GALICIA.

                Análise do pregamento de Campodola-Leixazós (sinclinal do Caurel), un dos principais acontecementos xeolóxicos que definen o territorio de Galicia tal e como hoxe o coñecemos.

       Como e cando se formou?, que é un pregamento?, que tipos de pregamentos existen? etc.
        O contido desta sala complétase cunha colección de 32 minerais e 17 rochas procedentes da comarca de Quiroga e o seu contorno próximo.

15/12/11

SALA 2: HISTORIA PALEONTOLÓXICA DE GALICIA. A EVOLUCIÓN DA VIDA.


A comarca natural de Quiroga constitúe,  dentro de Galicia,  un contorno excepcional para o estudio e a observación das distintas formas de vida dende finais do Precámbrico ata actualidade durante un intervalo de tempo que abarca máis de 650 millóns de anos.

Aínda que o máis espectacular son os restos fósiles dos grandes mamíferos do Cuaternario...


Na Comarca de Quiroga atópanse formas de vida fosilizada de todos os periodos do Paleozoico definitos ata o de agora para Galicia: Cámbrico, Ordovícico, Silúrico, Devónico e Carbonífero. Estas mostras póden verse no Museo Xeolóxico do Concello de Quiroga. Si premes nesta ligazón podes ver en 3D algúns exemplos dos incorporados recentemente grazas ao investigador Manuel García Ávila: Rexistro fósil Paleozoico do sueste de Lugo.

14/12/11

SALA 3: A IDADE DOS XEOS (O PLISTOCENO)


A acción dos xeos glaciares durante o Plistoceno, proceso xeolóxico que comezou hai 2,58 millóns de anos e rematou hai uns 10000 anos, maniféstanse nos restos glaciares da serra do Caurel, que son interpretados aquí  tendo  en conta os restos materiais presentes sobre o terreo e as pegadas deixadas na paisaxe pola acción do xeo.

Mapa da glaciación na serra do Caurel

13/12/11

SALA 4: AS PRIMEIRAS OCUPACIÓNS HUMANAS

As primeiras ocupacións humanas da zona e uso da pedra polos primeiros poboadores a partir dos achados e investigacións dos últimos anos. Como foi a evolución do home dende os primeiros pasos, a súa expansión ata aquí e a súa produción material no Paleolítico.

O traballo da pedra no Paleolítico

12/12/11

SALA 5: A MINERÍA


Os recursos mineiros do contorno natural da Serra do Caurel dende a antigüidade ata os nosos días. Materiais e sistemas de explotación: o ouro, o ferro, a lousa, a calcaria e a antimonita. Cal é o seu aspecto no medio natural?, cando, onde e como se explotaron?.